21/01/17

Cancións para nenos en catalán



Virmos celebrando o Cagatió polo Nadal fíxome espertar o interese polas cancións para nenos en catalán
Foi así como demos con esta maravilla de autora que é Dàmaris Gelabert, con 20 anos de discos ás costas
Malia todo, non foi ata hai tres anos que se realizaron videoclips cos seus mellores temas, xuntos en Canta!
De exemplo, este Qui soc jo?, cuxa letra se atopa transcrita nesta páxina de karaoke para aprender linguas




O de Tu é un vídeo coral cunha excelente realización para unha canción con gancho
É un dos 14 tracks recollidos no DVD, financiado polos fans a través de micromecenados
E tal foi o éxito do proxecto que xa conta cunha segunda entrega, que acaba de ser publicada
Por riba e por baixo estas liñas, os videoclips duns temas musicais sobre as vogais e o abecedario





A partir desta descuberta, comezamos a afondar no variado mundo da música infantil de Cataluña
Outro vídeo sobre o abecedario, do congolés Jean Paul Wabotaï, supera o millón de visitas en Youtube
É dicir, dez veces máis ca os temas en galego para nenos máis reproducidos nesa plataforma audiovisual
O detalle, nada banal, dá idea do pulo do que goza a súa lingua propia entre as novas xeracións de cataláns
De feito, o Club Super3 da TV3, homólogo do Xabarín, é a asociación infantil con máis socios de toda Europa
E os seus contidos non só están enfocados aos máis pequenos, senón que tamén contan cos adolescentes





A música infantil catalá caracterízase tamén pola busca da mestizaxe, non só con ritmos africanos
Deste xeito, é quen de elaborar versións dos seus clásicos populares a partir do reggae ou da rumba
Porque ese é outro detalle non menos importante: o folclore conserva moreas de cancións para cativos





Ademais, existen discos en catalán para rapaces mesmo dende os tempos do franquismo
É o caso da banda Ara Va de Bo, do malogrado cantautor Xesco Boix, convidada a TVE en 1974
E dende esa década ata os 90 existiu en Valencia La Pataqueta, dedicada tamén ás cançóns infantils
Non é, daquela, un fenómeno xurdido de onte para hoxe, senón que tivo continuidade ao longo do tempo
Xa para rematar, podes facer un repaso polo panorama galego, de innegable mérito, a través deste entrada


Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...