Este 2021 foi moi especial para a nosa filla, pois acadou os dez anos de idade
Ao longo destes últimos doce meses deu un grande estirón, tanto físico como intelectual
Dende o pasado nadal moito cambiaron as cousas no cole, de onde trae cada vez máis e máis deberes
Tamén mudou o seu tempo libre, afortunadamente cunha apertura gradual respecto ao confinamento dun ano atrás
A medida que transcorreu o inverno, puidemos desprazarnos máis lonxe
Tanto aproveitamos para visitar os avós como para coñecer recunchos lucenses, coma este de Baamonde
E así, chegou timidamente a primavera e puidemos ir case a onde quixeramos
Retomamos, deste xeito, os paseos polo cinto verde de Lugo
E celebramos os maios bailando muiñeiras ou xotas na Tradescola
Puido tamén xogar coas amigas no parque das Saamasas, á beira do Miño
E mais recoller as herbas de San Xoán na contorna do castelo de Narla, en Friol
Tanto camiñamos pola Chanca, xa polo verán, coma pola beira do Neira, en Baralla
E durante as vacacións tanto paseamos polo país coma por Funchal, na illa de Madeira
Baixo estas liñas, vemos a nena nunha rúa do barrio mariñeiro de San Tomé, en Cambados
A nena fixo exercicio, moito, e moi ben o pasou
Foi o caso do día do seu aniversario, que celebrou rodeada de amigas
Os meses pasaron e chegou o outono, coa festa do San Froilán
Un ano máis, visitamos na Coruña a Casa das Ciencias, de onde ten tan bos recordos
E así, tras outra volta arredor do sol, chegamos de novo ao Nadal
Coa esperanza de que o ano vindeiro sexa aínda mellor, desexámosvos unhas boas festas
Ningún comentario:
Publicar un comentario