Na última ponte visitamos o Parque Warner, en Madrid
O lugar consta de máis dunha trintena de atraccións temáticas
A primeira á que fomos, cunha boa cola, foi A aventura de Scooby Doo
Acompañáronnos polo parque os nosos anfitrións, os meus cuñados
Con eles viaxamos ata o Old West Territory, onde subimos a varios mecanizados
Tras mollarnos no Río Bravo, demos unhas voltas montados no trepidante Coaster Express
Ao mediodía xantamos nunha fonda fronteiriza
E na sobremesa demos un paseo ata a casa de Silvestre e Piolín
Logo mudámonos de barrio e fomos ata Gotham City
Alí contemplamos un batmóbil e mais a Vinganza de Enigma
Onda os templos da vertixe non podían faltar as tendas de merchandising
Nelas, os superheroes de DC erixíanse nos seus altares coma deuses modernos
Tras subir á Atracción de Aceiro co meu cuñado Diego, hospedámonos no Hotel Embruxado
No seu interior, unhas bancadas móbiles e un teito xiratorio creaban unha mareante ilusión óptica
Sobre estas liñas, posamos para a posteridade coa tía Mar
Tanto a ela coma ao tío Diego inmortalizámolos no Cine Tour
No Teatro Hollywood vimos o musical The Dreamers
Tratábase dunha homenaxe a este xénero ao longo da historia do cinema
Xa ao final dunha inesquecible xornada, asistimos a outra actuación
Tratábase dun espectáculo baseado na saga da Louca Academia de Policía
As acrobacias dos especialistas ao volante fixéronnos esbozar uns cantos sorrisos
Conseguiron facernos sentir coma auténticos rednecks xusto ao rematar a visita ao parque
Ningún comentario:
Publicar un comentario