Hai un lugar en Madrid que é tan verde, e cunha vexetación tan exuberante, que non semella Madrid
Refírome ao Parque do Capricho, de estilo neoclásico e influencia inglesa, que tivemos ocasión de visitar recentemente
Polos seus carreiros hai especies máis propias doutros climas e latitudes, como é o caso dos sabugueiros que atopamos en plena floración
O parque fora construído a finais do século XVIII pola duquesa de Osuna
De feito, encóntrase no barrio da Alameda de Osuna, a media hora a pé do aeroporto madrileño
Coma nos xardíns das mansións inglesas, o parque conta cunha morea de referencias clásicas
Entre os seus puntos máis recoñecibles, figuran o Templete de Baco ou a chamada Praza dos Emperadores
Ademais do palacio, un dos edificios máis importantes do conxunto é o Abelleiro
Contaba con cristais a través dos que se podían ver as abellas traballar nas colmeas
Sobre estas liñas vemos o Fortín, un dos caprichos do parque
O conxunto tiña tamén unha área de xogos para os máis pequenos
Seguindo o percorrido, chegamos á primeira ponte de ferro deste tipo no Estado Español
Encóntrase á beira do embarcadoiro da Casa de Canas, un dos lugares máis fermosos do parque
No medio do lago central hai un monumento ao terceiro duque de Osuna
Un pouco máis adiante, atópase o Casino de baile, outro dos edificios máis destacables
Polo camiño, pódense descubrir refuxios antiaéreos construídos polos republicanos na Guerra Civil
O percorrido faise bastante ameno para realizar en familia
O parque estaba cheo de visitantes que buscaban dar un paseo sós ou en boa compaña
Antes de saír, a Casa da Vella é o último capricho dun lugar que no seu día chegou a competir co palacio real
Ningún comentario:
Publicar un comentario