16/03/24

Barbie, Cine e Moda

 


Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo
Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda', que se pode visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo
Conta con dúas seccións, unha dedicada á alta costura e outra ás figuras que reproducen personaxes cinematográficas
Abaixo, a bonequiña que non é de Mattel posa á beira das principais personaxes femininas dun musical que lle gustara moito, Grease




A maior parte das vitrinas están adicadas a figuras relacionadas co cine
Por suposto, non podía faltar a película que o ano pasado supuxo todo un fenómeno global
Efectivamanente, tamén está representada, xunto ao seu propio carro, a barbie que protagoniza o filme homónimo




Tampouco faltan as actrices protagonistas dalgunhas das principais obras de Alfred Hitchcock
Entre elas, Tippi Hedren en Os paxaros ou a aristocrática Grace Kelly en A ventá indiscreta ou Atrapa un ladrón




Outros clásicos do celuloide, como é o caso de Foise co vento ou O mago de Oz, tamén figuran nesta sección da mostra
Complétana superheroínas de DC Comics, personaxes élficas de O señor dos Aneis ou membros das familias Adams e Monster




A segunda parte da exposición está conformada por barbies que locen deseños de moda, algúns feitos expresamente para elas
Deste xeito, réndeselles homenaxe a creacións coma as de Coco Chanel, Ágatha Ruíz de la Prada, Karl Lagerfeld ou Yves Saint Laurent




Curiosamente, entre todas estas pezas de coleccionista non figuran ningún Ken, nin sequera o da peli Barbie
Pero si se poden atopar numerosas personaxes masculinas, sobre todo no apartado cinematográfico, como Elvis ou James Dean



O pirata Jack Sparrow, a tripulación da USS Enterprise ou os superheroes de DC tamén posan entre placas de metacrilato
Algunhas das figuriñas que se amosan nesta exposición corresponden a edicións con menos de mil exemplares en todo o mundo
Poderán admirarse nesta mostra sobre a presenza desta icona no cine e na moda, por vez primeira no noso país, ata o vindeiro 1 de maio

Ningún comentario:

2024

Acábase o outono, comeza o inverno e chega o momento de facer balance do 2024 Este ano a piques de rematar deparounos moi bos momentos, que ...