26/06/08

Ecco il mio avatar!


Este podería ser eu en versión manga
-Máis ou menos-
É o que entra dentro das súas posibilidades
Aínda que tamén podería ser mellorable
Agora mesmo teño o pelo bastante máis curto
Pero xa se sabe que sempre pode medrar
Paréceme este un tema interesante
Quero dicir, como nos vemos a nós mesmos
Como nos ven outros e como o facemos nós
Cada quen verá dun xeito distinto, digo eu
E sempre resultará de interés a visión propia:
Como se ve cada quen a si mesmo
A min, a verdade, a imaxe non me preocupa
-Hai ben tempo que non-
Considéroo máis un aspecto de hixiene
Hixiene persoal e pragmatismo
Sempre me será máis práctico ter o pelo curto
E ter barba, non de máis, para aforrar tempo
En canto á roupa, recorro á comodidade
E trato de combinar sen estridencias
Nada máis que iso
E, por suposto, sen dedicarlle demasiado tempo
Sóbranme outras cousas que facer
Outros colegas tamén fixeron así o seu 'avatar'
Tanto Toxo, como Tury, como Eledhwen
Os resultados poden ollarse nas súas bitácoras
-É dicir, pinchando aquí á dereita-
Aos debuxos só lles boto en falta algo de animación

Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...