07/09/08

Capítulo 0




Este blog é un capítulo á parte
Trátase do caderno de bitácora dun vello amigo
Chámase "Capítulo 0", feito por Manolo Gago
Manolo é profesor de ciberxornalismo na USC
E dirixe o portal divulgativo do Consello da Cultura Galega
Así que sabe manexar con mestría as ferramentas precisas
De feito, o seu blog é modélico, bastante completo
O apartado da fotografía ten unha grande importancia
Boa proba son estas que publiquei aquí
O monte St.Michel pola noite e a cea da Festa da Istoria
Ámbalas dúas datan deste mesmo verán -vaia verán!-
Cando as vin puxéronseme os dentes longos coma sabres
O blog tamén se pode ver dividido por temas
O apartado de Bretaña resultoume moi interesante
En particular un vídeo dun organista en Dinan
Ao tempo que xira a manivela dálle voz a unha canción
As notas son as de "Berimbau/Consolaçâo", de Vinícius de Moraes
Con Manolo teño a honra de compartir moitos gustos
Tanto musicais como estéticos, ou o amor polo bon comer
Ou a paixón pola serea dos Mariño, o seu segundo apelido
-Que por certo tamén figura no logo do Consello da Cultura-
Con 20 anos, Manolo xa daba charlas sobre mitos e arqueoloxía
Agora, velo fiel a si mesmo é algo que me enche de ledicia

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois moitas grazas polas túas palabras, Dr. Smurf!

Xa me contarás quen es, que me tes intrigadísimo. :-)

Dr Smurf dixo...

Non se deben. Respecto á miña identidade de cabaleiro enmascarado, sinto dicirche que non é segredo ningún. Se miras un pouco máis abaixo, hai unha festa na que saio, para máis señas, cunha camiseta a raias. Mira, mira.

Caes agora, vello camarada? É que as distancias non perdoan. En todo caso, lamento quitarlle romantismo ao asunto. Xa che pegarei un toque un días destes cando pase polas compostelas de nuestro señor para poñerte ao día. Ou pregúntalle a Xurxo, que tamén che pode informar.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...