29/03/09

Como me coidan


Ultimamente estou a descubrir novos pratos, da man de Marta
Un dos máis versátiles é a quiche, como esta de chacina
Sobre un leito de ovo e nata, leva cabaciña e queixo do país
Todo recuberto de chacina e algo de feta esparexido

A quiche elabórase sobre unha base de masa de hoxaldre
Os ingredientes poden variar bastante, ao gusto de cada quen
Nesta outra ocasión, levaba xamón de Trevélez e queixo azul

A mesma base tamén pode ser empregada para os doces
É o caso desta torta de mazá, moi do noso gusto
A froita vai cortada en láminas sobre un leito de crema

A sobremesa sempre dá moito xogo na cociña
Para rematar, temos aquí un biscoito de cabaza
É suave e tenro como el só, e de sabor moi afroitado
Así que degustalo equivale a experimentar novos praceres
-Que non se diga que non somos ben larpeiros-

4 comentarios:

Carol dixo...

¡Pero qué bueno parece estar todo! Se me hace la boca agua, vamos. A ver cuándo nos vemos en Coruña y me enseñáis a cocinar unas cosas tan ricas. Un beso para los dos desde Vitoria.

Dr Smurf dixo...

Ten por seguro que aprenderás a preparar exquisiteces. De momento, toma nota con este anticipo.

Anónimo dixo...

ñam ñam ñam.......

Pero o posto de reposteira oficial e meu ¿verdade? ¿segue sendo meu?

MAdre mía, que boa pinta ten todo

Dr Smurf dixo...

Si, é teu; ninguén cho quere quitar.

Isto era só para dar unhas cantas ideas, que espero que che sirvan. Iso si, xa te podes ir aplicando, que che habemos de facer unha proba para... ver se comprendiches o valor intrínseco dos pratos que che revelamos.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...