Esta semana celébrase en Pontevedra un congreso inédito
Conmemorará os 1600 anos da fundación do reino galego
Esencialmente, trátase dunha convención de historiadores
Pero non podo deixar de pasar por alto o que isto implica
E é poñer en valor un período cuxa importancia se negou
Sabemos que foi o primeiro reino altomedieval de Europa
O pioneiro na emisión de moeda logo do Imperio Romano
Que gozou dunha gran riqueza literaria e cultural na época
-Con autores como Hidacio de Chaves ou Paulo Orosio-
Aínda así, segue a parecernos algo distante e mesmo alleo
Como se non tivese nada que ver coa nosa realidade actual
Pois nada máis lonxe, xa que somos herdeiros daquel reino
O carácter administrativo das parroquias non é nada baladí
A división do territorio en tres mil parroquias vén do s. VI
E hoxe resulta algo que nos distingue e que fai único o país
Ou que dicir do carácter comunal de tantos e tantos montes
Estes terreos en man común tamén son herdanza dos suevos
Como a toponimia ou a antroponimia, presentes hoxe en día
Sen ir máis lonxe, o meu apelido é suevo, como tantos outros
E suevas son palabras tan nosas como agarimo ou brétema
É máis, esas xentes foron as que realmente latinizaron o país
Eles viñeron enviados por Roma para administrar a Gallaecia
-Que era un territorio distante, abrupto e difícil de gobernar-
Por iso o galego é unha lingua baseada nun latín culto escrito
-Os outros idiomas romances parten dun latín vulgar e oral-

Estímase que o xerme do reino se produciu aló polo ano 410
E que o seu carácter independente se prolongaría ate o 585
Malia todo, cada vez máis indicios sinalan unha continuidade
En primeiro lugar como reino anexionado á Coroa Visigoda
E máis tarde como o país rexido por reis coa corte en León
Despois virían as escisións, por parte de León e de Portugal
-A antiga Gallaecia Asturicense e a Gallaecia Braccarense-
A partir do século XIII, a dependencia da Coroa de Castela
A arbitraria mutilación, no s. XV, da gran comarca do Bierzo
E por último, a integración na Coroa de España ate o s. XIX
-No 1833, o reino sería disolto pola rexente María Cristina-
En total, foron máis de 1400 anos de historia do reino galego
O que fai del o reino máis lonxevo que houbo en toda Europa

Así e todo, malia a súa relevancia hoxe apenas é tido en conta
Por iso resultaba necesario un congreso adicado á súa análise
O logo elixido fai referencia á bandeira do Galliciense Regnum
É o dragón verde que compartía emblema cun león encarnado
Este ser mitolóxico era utilizado como estandarte tardorromano
-A cola do verme indicáballes aos arqueiros o sentido do vento-
A forma escollida baséase na do dragón do escudo de Coímbra
Que, por certo, foi unha cidade lusa conquistada polos galegos
En dúas ocasións, primeiro no s. V e, posteriormente, no s. IX
O león pasaría a ser o brasón real e máis tarde o escudo leonés
-É, de feito, a imaxe máis antiga de toda a heráldica en Europa-
Pero o dragón permaneceu no imaxinario como símbolo galaico
Ao igual que ocorrería coa serea dos Mariño ou co Santo Graal

Ningún comentario:
Publicar un comentario