Os días discorren meteóricos e resulta que xa levamos un ano con Selma
A mulleriña faise querer cada vez máis, así que me alegro de ter que criala
A mulleriña faise querer cada vez máis, así que me alegro de ter que criala
Esta foto corresponde aos sete meses, logo dunha primeira corta do pelo
E a de abaixo data de cando visitamos a súa bisavoa e os tios en Madrid
E a de abaixo data de cando visitamos a súa bisavoa e os tios en Madrid
Esta é unha escena da vida cotía coa nosa filla, con momentos para o relax
Ao igual ca estas outras estampas, nas que Selma quere levar todo á boca
Neste vídeo afronta con certa soltura a súa primeira experiencia nun bambán
Ocorreu hai un mes na área de xogos infantís de San Tomé, en Cambados
A pesar de tratar de retela nun parque, a nena invadiu xa todo o noso fogar
Non lle queda recuncho por explorar, aínda que erguerse lle dá outra visión
A nena hoxe cumpre un ano, amosa oito dentes e ten moitas ganas de andar
Achégase xa aos dez quilos, polo que houbo que prestarlle novos acomodos
Co seu nacemento gravado a lume, agardo que cumpra moitos máis así de sa
4 comentarios:
OOOOOh, esta para comela toda todiña. Parabens Selma!
Graciñas, Toxo! Empezaremos polos ollazos...
Estas feito todo un padrazo!!!! A seguir disfrutando estes momentos, pq pasan moi rapido!!!! Por certo, está preciosa. Bks para os tres
Graciñas, Rocío! Bicos tamén para vós.
Publicar un comentario