Nos últimos meses desenvolvín un gusto especial polas cervexas amargas
Canto maior é o seu amargor, tanto mellor, ao contrario que co sabor ácido
En particular, collinlles agrado ás "IPA", as Indian Pale Ale, con moito lúpulo
Son beberaxes de alta fermentación, co fin de pospoñer a súa caducidade
Esta de Samuel Smith está dispoñible na "cervexoteca" Malte, na Coruña
Mentres que esta outra, da danesa Mikkeller, consumina en Baden Baden
-Unha cadea de cervexerías con establecementos repartidos por Madrid-
Pero hai máis cervexas de regusto amargo no mercado á parte das IPA
-Levala ao padal supón unha experiencia calidoscópica, rica en matices-
Con gran fruición, degusteina o pasado Samaín xunto a esta orixinal tapa
1 comentario:
Aponto! a Hobgoblin está estupenda, certamenet! :)
Publicar un comentario