02/05/17

Os importantes señores de Natasha Lelenco



'Adopta un señor importante' é o último proxecto da artista Natasha Lelenco
Durante meses, estas eminencias percorreron o país na procura de pais adoptivos
Tras pasaren por Boiro, Ourense ou Fisterra, os retratos aínda sen afillar chegaron a Lugo
Entre estes persoeiros egrexios figuran dende poderosos soberanos ata heroes cheos de medallas
Aqueles que sen a fortuna de ser acollidos nun novo fogar serán pasto das lapas na fogueira do San Xoán




Ademais de señores con máis ou menos ínfulas, tamén abundan as señoras importantes
Entre elas figura a cantante rusa Ala Pugachova, que vendeu máis de 250 millóns de discos




Ou Catalina de Boloña, unha personaxe relevante do Cinquecento e santa patroa das artes liberais
Outro persoeiro histórico presente é Dióxenes Laercio, biógrafo dos principais filósofos da antiga Grecia




Os cregos e mailos señores castos tamén ocupan un lugar salientable nesta serie
En total, a colección ascende a medio cento de retratos, dos que só 17 chegaron a Lugo




Na presentación da mostra, a madeira foi unha das cuestións que suscitaron un maior interese
Así, soubemos que os toros eran de piñeiro, de ciprés ou de sabugueiro, entre outras especies arbóreas 




A autora das pinturas, Natasha, tamén nos falou da súa propia historia
Contounos que de nena quedara orfa na súa Moldavia natal xunto coa súa irmá
Do mesmo xeito, na mostra pódense ver dous irmáns, un máis vello e outro máis novo
Dado que se procura que sigan xuntos, facilítanse os trámites a quen acolla ambos os dous




Trala presentación por parte da pintora, gozamos dun concerto de Lilí Berlín
O dúo cabareteiro formado por Suso Alonso e pola diva Blanca Cendán non defraudou
Ofreceron temas en alemán, en francés ou en español, como La vie en rose ou Al Uruguay!




As obras de Natasha permanecerán en La Ferretería Eventos & Co ata o 9 de maio
As que non sexan adoptadas arderán o mes vindeiro no lume purificador do solsticio de verán
Algunhas delas, como o heroe, o sacerdote ou Ala, xa foron acollidas, mentres o resto segue a agardar


Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...