21/11/08

O Equipo B




Cal foi a miña sorpresa cando vin este cartel en diante da casa
Os de Caixa Galicia recorrendo ao Equipo A como reclamo
E ademais para traspasar nada menos que un plan de pensións
E pensei con pavor que realmente si me estaba facendo maior
-Como dirían nas súas bitácoras os colegas Carmen e Karlief-
Que lonxe quedan xa aqueles anos de nocilla vs tulicrem!
Trala primeira impresión, de impacto, axiña entras nos detalles
Primeiro ves que fan un discorrido xogo de palabras co dos plans
-A coletilla de Smith de toda a vida rebaixada a isto-
Logo ves que o enxeño vai máis alá e enredan co da letra do equipo
-Que atrevemento, que ousadía, que sacrilexio...-
Supoño que tamén con aquilo de que non os busques -os aforros?-
Que, para o caso, se lles parece, xa te atoparán eles a ti
O mellor aínda está por vir, cando te paras a fixarte nos caretos
O de Smith ten un pase, que algo se lle parece co puro e tal e cal
Pero o de M.A., o de M.A... Iso xa non ten perdón
Estes señores iconoclastas, como se atreven a blasfemar así!
A pervertir deste xeito a sagrada imaxe de San Míster T!
Onde diantre deron con ese 'dobre' que só se parece no ton da pel?
-E eu incluso diría que nin niso, que o M.A. era algo máis negro-
Fatal, en fin, moi mal, que non se pode xogar así coa mitomanía
Aínda por riba, na foto parece que te estean a ameazar
Traspásanos a pasta ou... mandámosche este Equipiño B a cobrala

4 comentarios:

Unknown dixo...

Lo peor, mi gran ídolo M. A. reducido a esto!!!

Lleno de piercings y un solo colgante? Estos de la caixa no tienen ni idea.

Unknown dixo...

Aquí che deixo o enlace comentado para a súa revisión.
veremos se resulta útil e/ou interesante.
http://www.desconcierto.com/conciertos/

camaposa dixo...

Que lle pasa a M.A.??? Un anel no nariz!!!! non ten collares!!!! está descolorido!!!

Dr Smurf dixo...

É máis, o único colar que leva posto este M.A. de pacotilla é nada máis e nada menos que o símbolo do dólar. Vaia obscenidade. Estes de Caixa Galicia non se cortan nin un pelo. Graciñas, incOmOdo, polo enlace. A ver se así estou ao loro e logo evitamos ter que bater a cabeza contra o muro das lamentacións.

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...