27/12/08

A cociña de Jamie Oliver



Acabo de ver unha dobre entrega dun programa de cociña
En concreto da serie "Oliver's Twist", co chef Jamie Oliver
No primeiro capítulo, repasaron as variedades de pasta plana
Con Oliver estaba o seu mentor, o cociñeiro italiano Genaro
Tamén amosaron como podería ser en orixe unha boloñesa
E tamén como se fan, en cuestión de minutos, uns bos ravioli
Na segunda entrega, participou o chef de fusión Peter Gordon
Tratábase de mesturar ingredientes de partes opostas do mundo
Como poden ser o chile, a raíz de loto ou a lima seca iraniana
Ou unha salsa de tamarindo con herba de limón e azucre moreno
Con isto condimentaron e acompañaron unhas humildes luras
A verdade é que xa vira ámbolos dous capítulos desta serie
Pero non importa, posto que supón revivir un pracer sensorial
Jamie Oliver saltara á fama internacional xusto con esta serie
Na que o chef busca os ingredientes por Londres nunha scooter
Pero a que o catapultou definitivamente foi "Jamie At Home"
Nesta outra serie, o chef inglés cociña xa nunha casa rústica
E colle as verduras e os ovos directamente da súa propia horta
Aquí o tratamento visual dos fogóns xa é moito máis coidado
Abundan os primeiros planos, para non perder detalle ningún
Coma o das flores de cabaza recheas de queixos e rebozadas
Ou magdalenas cubertas de crema con faragullas de malva seca
Noutra serie de interés Jamie viaxa e cociña por toda Italia
E onde queira que vaia descobre os segredos das 'mammas'
Noutra serie máis, trata de inculcar uns menús escolares sans
Mesmo chega a reunirse con Tony Blair para lograr este fin
-Na xuntanza consegue un maior presuposto para os comedores-
E é que Oliver é o chef máis mediático de tódolos tempos
No último capítulo que vin hoxe, Jamie falaba dunha idea súa
Dicía que estaba interesado en facer cervexa a base de xenxibre
-Algunhas cervexas levan especias, coma as brancas belgas-
E, que curioso, eu elaborei un licor a base de xenxibre e canela
Ate tal punto chega a influencia da visión que da mesa ten Oliver

2 comentarios:

Dr Smurf dixo...

Por se alguén quere velo e non perder detalle, isto bótano os sábados ás 17 horas en Localia. Non está mal dobrado, pero sempre se perde algo polo camiño, sobre todo no que se refire a ese particular acento londinense tirando a 'cockney'.

eledhwen dixo...

A mín o que che me gustaría é botar unha boa ollada a ese caderno que aparece na intro.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...