Hai uns días visitamos o Parque da Natureza de Cabárceno, en Cantabria
Situado a escasos quilómetros de Santander, nel conviven animais de todo o mundo
Conta con exemplares dunhas corenta especies de mamíferos, a maior parte delas exóticas
Non é o caso do oso pardo, unha criatura cuxa variedade ibérica se encontra en perigo de extinción
Ademais dos osos, os gorilas, os rinocerontes ou os tigres son algunhas das especies máis impresionantes
Cunha superficie de 750 hectáreas, Cabárceno é o meirande parque europeo da súa categoría
Nel os animais viven nun réxime de semiliberdade, ao contrario do que ocorre nos zoos convencionais
De feito, mesmo habita no complexo unha manda de elefantes africanos que case semella integrada na paisaxe
O parque de Cabárceno está xestionado por unha empresa pública autonómica
Nos últimos anos realizáronse unha serie de melloras, como a instalación de teleféricos
Deste xeito, o visitante depende menos do coche para moverse por unha extensa rede de pistas
Tivemos o sorte de que nos tocou unha cabina panorámica
Así, puidemos contemplar hipopótamos ou osos baixo os nosos pés
Malia atoparnos ao norte das montañas cántabras, moitas das especies presentes son africanas
Á impresión de encontrarse no continente veciño contribúe tamén a cor encarnada da terra e dos penedos
Isto débese a que o parque de Cabárceno está emprazado nunhas antigas minas dedicadas á extracción de ferro
Precisamente unha parte do parque, que conserva unha antiga estrutura industrial, denomínase La Mina
É ao seu carón onde se encontran o reptiliario e a piscina para as concorridas demostracións dos leóns mariños
Ningún comentario:
Publicar un comentario