Ou unha cervexa escocesa Gordon/Douglas
-Mágoa que na Coruña teña que usar o coche!-
Fálovos de "A Cova Céltica", o pub folkie do Orzán
Antes, non hai moito, abundaban este tipo de locais
De feito, nos anos 90 naceran tres nesa mesma rúa
Todos ao abeiro do grupo folk Luar na Lubre
Deses, a día de hoxe só queda un
E é este que estás a ver
En cuestión de dous anos pecharon o resto
A primeira taberna que o fixo foi "A Cova Folk"
E seguiulle, nos últimos meses, "A Casa da Lubre"
Este último caso foi o que máis me doeu
Era un pub que frecuentaba, por ser algo máis tranquilo
Soía atenderte Xulio Varela, o intérprete de bouzouki
-Quen mesmo xa coñecía o meu gusto polo Porto-
Pero foi substituído por un impersoal e aséptico café lounge
-A onde imos parar, cara a onde camiña a Humanidade...-
O caso é que o outro día cumpríu dez anos A Cova Céltica
-Que recibe o seu nome da tertulia de Eduardo Pondal-
Así que con tal motivo ofreceron un concerto na taberna
Unha mostra de animada e tradicional música do país
Sons vivos para a gorxa e para os oídos sedentos
O local estaba cheo, polo que espero poder volver
Sempre na compaña dos meus benqueridos amigos ártabros
Por moitos anos máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario