Chámase "Temas de hoxe" e é obra de Leandro e de Guitián
O de JR en Palas non é máis ca unha pequena mostra
Outra é a de Robert Smith falando do culto galego á morte
Así como moitos outros personaxes recontextualizados
-Por así dicilo, que do que se trata é de que choque a parodia-
Vese que estes homes o pasan en grande facendo o seu traballo
Tendo en conta ademais que fan o que lles dá a real gana
Non podo sentir máis que envexa sa e rir con eles
Que para escarallarse á risa nunca faltan ganas
-Porque mesmo nos peores momentos se agradece-
Por certo, que o perfil dos autores non ten desperdicio
Pincha aquí á dereita no cadro correspondente
E dálle renda solta á túa imaxinación
Ningún comentario:
Publicar un comentario