Está baseado no dos Mariño, do que se conservan moitos exemplos
Sen ir máis lonxe, hai unha ducia na vila na que nacín
E na que me criaron meus pais monolingües
-Por iso lle teño un especial cariño-
Todo isto vén a conto dunha carencia no calendario:
A do Día da Lingua, esta que aínda fala a maioría
Por suposto, non teño nada en contra do Día das Letras
Por suposto, non teño nada en contra do Día das Letras
Pero é que se trata da festa diso: das letras
"Letras Galegas" entendido como da literatura galega
Ou en todo caso como festa do galego escrito
Hoxe por hoxe, a literatura galega pasa por unha idade dourada
Hoxe edítanse máis libros en galego ca nunca
Nunca se escribíu tanto en galego como hoxe en día
Non só libros, senón tamén xornais, revistas, publicacións dixitais
Ou mesmo milleiros de blogs coma este que estás a ler
Non só se trata de apoio ou de uso simbólico
Senón de comunicación no máis estrito sentido
Porque a fin de contas é o que é:
Unha ferramenta de comunicación perfectamente válida
E o que é máis: a natural entre ti e mais eu
Por que? Pois moi sinxelo:
Porque é a lingua propia dos galegos, nin máis nin menos
-Tal como recolle o Estatuto de Autonomía e a propia realidade-
Aínda así, por suposto que hai eivas
Aquí mesmo, Blogspot non me dá a opción que eu quero
Non me permite empregalo no meu idioma á hora de manexalo
Claro que si podo redactar en galego, como é evidente
Pero teño que recorrer ao máis semellante para empregalo
-Que é o portugués, que soa igual segundo se lea-
Pola contra, dá a opción de uso en letón
-Unha lingua con menos falantes e usuarios cá miña-
Este é un exemplo máis de discriminación
Ben sexa por ignorancia, por desidia ou adrede
Como o é que non poidas facer tantas cousas en galego
Desgraciadamente, non se respectan os dereitos lingüísticos
Non se está a respectar o meu dereito a vivir en galego
Os rexistros civís seguen a incumprir a lei
Están obrigados a darche tódolos formularios en galego
-Se os pides, isto debería ser posible dende hai tres anos-
Pero ti non podes casar ou ter un fillo en galego
-Ti non podes aínda facer a túa vida en galego-
Pola sinxela razón de que non dispoñen dos formularios
Pero non é o único eido no que se percibe a marxinación
No ámbito do galego oral tamén se dá
En particular en determinados contornos urbanos
Neste senso, é preciso facer distingos:
Non se dá a mesma situación en Lugo ca na Coruña
En Lugo ninguén vai ser despedido por ser galegofalante
Mentres que na Coruña a situación é ben distinta
Chegue comparar as caixeiras de Carrefour das dúas cidades
En Lugo aténdente en galego por sistema
Na Coruña, pola contra, perderían o posto de traballo
Hai que velar polo respecto aos dereitos lingüísticos
E como non, polo cumprimento da lei
Para evitar que haxa cidadáns de distintas categorías
Cidadáns de primeira e cidadáns de segunda
Por iso penso que un día adicado á lingua non estaría de máis
Eu coido que ben merece un festivo propio, de seu
Quero dicir, adicado expresamente á fala
Á manifestación oral do noso propio idioma
Da lingua propia dos galegos
Da que me aprenderon meus pais cando era neno
Ademais, a quen lle vén mal outra festa máis?
Ningún comentario:
Publicar un comentario