Non quixera pechar este capítulo sen unha mención especial
Helena e Llito axudáronnos a comprender mellor a realidade catalá
-Ademais de acollernos e guiarnos polo casco histórico barceloní
E aconsellarnos rutas de interés pola cidade-
Así puidemos descubrir xoias coma o hospital de Sant Pau
-Non tan turístico e, malia todo, Patrimonio da Humanidade-
Puidemos así afondar na rica faciana modernista da Ciutat Comtal
-Park Güell e "drac" incluídos-
E no impresionante pasado gótico, tanto civil como relixioso
A arquitectura é parte fundamental da capital catalá
-O que outras capitais xa quixeran-
Como o é o mar, a luz ou o celo por valorar o propio, non sen razón
En definitiva, descubrimos unha cidade caleidoscópica
Puxante, cosmopolita e aberta ao mundo
4 comentarios:
Ola pitufeiro!
Como fostes capás de sacar unha foto do drac sen turistas xaponeses ao redor?
Moi boas as túas crónicas, e moi positivas. Algún día terasnos que contar tamén a cara B de Barselona, que por suposto, tamén existe. Apertas
Pois moi fásil: recortar e peghar a ghusto do consumidor, que sempre ten a rasón.
En canto ao lado neghativo, creo que todo o mundo ten en mente o Raval..., que "Callejeros" fixo moito polo labor. Para ben ou para mal, fixo moita pupa.
Unha aperta!
vaia, xa amañaron o drac do parc güell; pensaba que aínda lle estaban pegando azulexos!
Si, Carmen, si. Alí sonche así de eficientes. E non é para menos, tratándose dun atractivo turístico de primeiro grao.
Un bicasso!
Publicar un comentario