Imprescindibles para unha velada inolvidable
-Como nunca se sabe cando se poden presentar os invitados...-
Son a nova xeración de xogos de mesa
O complemento perfecto para un completo día de troula
O primeiro do que tivera noticia fora o "Rummy"
Descubrino nese local social exclusivo que é o bar Lucio
-Cambados, R/Albariño, xunto a un restaurante de 1 estrela Michelín-
-Cambados, R/Albariño, xunto a un restaurante de 1 estrela Michelín-
Gustar, gustoume dende o principio, mais tardei en xogar ben
Basicamente é coma o "Chinchón", pero con fichas
Logo souben do "Coloretto", por cortesía de Eledhwen e Tury
Trátase de pasalo ben chinchando os rivais
Pero este axiña quedou curto, tras coñecer o "Piko Piko"
Tamén foron Eledhwen e Tury os que me meteron o "gusanillo"
Son dezaseis fichas en catro treitos de catro fichas cada un
Cada treito ten un verme máis que poder picar
E ao final gaña o que ten máis miñocas no seu haber
-Pero, ollo, non é nada fácil-
"Lobo", unha novidade, é outro xogo máis que recomendable
Obtivo en Francia o premio ao mellor novo xogo de mesa
Falando destes pasatempos quero reivindicar a cultura lúdica
Non todo vai ser traballar, mamarse e empaparse de saber
-Non necesariamente por esta orde-
Hai que tratar de xogar máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario