08/05/08

Retranca



Falar con segundas buscando a hilaridade
Iso é a retranca, segundo a RAG
-O de R por republicana, algún día-
Pero agora o termo ten un novo significado
É a nova revista galega de humor gráfico
Que xa leva medio ano ao pé do canón
Xa dixera que recibira un premio en Barcelona
O que non sabía era que entregara o galardón...
Nada menos que a S. M. o rei Joan Carles I de Polonia!
Pois si, o premio do público á mellor revista do Saló del Còmic
Xa lin os cinco primeiros números
E con moi boa impresión, por certo
Vale que en comparación con "El Jueves" resulta caro
Pero hai que facer unha serie de puntualizacións
Trae moitas menos páxinas, pero tamén menos palla
De "El Jueves" igual me interesa unha quinta parte
-Sobre todo as páxinas de Pedro Vera ou de Alcázar-
E de "Retranca" interésame case todo
Comezando por Leandro, Guitián ou Kiko da Silva
Seguindo por un non menos luxoso elenco
-Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Siro, Mel, etc.-
O prezo do exemplar é de 2,20 euros
É dicir, trinta céntimos menos que "El Jueves"
Quen dá máis?
Eu, en principio, quedaría coas dúas
-Como prescindir de "Ortega y Pacheco" ou de "Silvio José"?-
Pero postos a escoller...


2 comentarios:

Anónimo dixo...

PUES ME LA VOY A COMPRAR, A VER QUÉ TAL ...

BESOS
ADELA

Dr Smurf dixo...

Pois corre, corre, que llelas quitan das mans...!

Unha aperta, e non te olvides de escarallarte á risa a gusto.

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...