A pitusa da casa estanos hoxe de aniversario
A poucos días de comezar Primaria, fai xa seis anos
Este retrato seu, de estilo manga, é obra de RetroGalicia
Ao longo dos últimos 12 meses, Selma viviu multitude de experiencias
Nunha das moitas estadías na Coruña, vimos focas na Casa dos Peixes
Tamén celebramos festas coma o Nadal, o Entroido, os Maios ou as Letras
Polo verán, gozou das vacacións, sobre todo en Cambados
Pero tamén tivo tempo para visitar os amigos, como en Fisterra
E mais estivo no Culturgal e no Festigal, en Vigo e mesmo en Portugal
Pero esa é outra historia, demasiado longa, da que habemos falar noutra ocasión
2 comentarios:
Como nos medran os pequenos !.
Flipantes os retratos manga.
Soa a cliché, mais si que é certo que medran demasiado rápido.
Publicar un comentario