22/01/12

Un milleiro de bens



Este é o cruceiro de Lanzán, ubicado na parroquia de Tardade, en Vilalba
A súa foi a ficha número mil do catálogo social en liña patrimoniogalego.net
O autor da ficha, e mais da foto, é Xandlinarthy, o máis activo catalogador
-Así foi ata o de agora, e sirva esta alusión como a miña humilde homenaxe-
O proxecto iniciara a súa andaina o pasado mes de maio, e axiña destacou
En tres meses tornárase no principal catálogo do patrimonio cultural galego
E só noutros cinco meses máis superou a barreira psicolóxica dos mil bens
Todo un logro, e un fito, froito do traballo desinteresado dos colaboradores
Sobre todo dos editores da web e dos propios autores do milleiro de fichas
Dende un primeiro momento, sentinme arroupado ao colaborar no proxecto
Non o pensei dúas veces cando mo propuxo o seu promotor, Manuel Gago
Menos aínda sabendo que me acompañarían amigos como Adela ou Xurxo


Os tres figuran con Marta, con Selma e comigo nesta foto da primeira reunión
Celebrouse en Betanzos o primeiro de outubro, cun xantar de confraternidade
E nela puiden poñerlles unha cara ao resto dos membros deste grande equipo
Vaian a todos eles, sen os que sería impensable o logrado, os meus parabéns


Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...