22/02/17

Paisaxes de Lugo



Este é un feixe de fotos de distintas paisaxes das terras de Lugo, sacadas nos últimos anos
Todas as imaxes foron obtidas cos meus propios móbiles durante as coberturas feitas no traballo
Comezarei, neste tempo de inverno, con estampas propias da estación correspondentes a Pedrafita




Estas outras fotos corresponden ao río Miño en Belesar, tralo seu paso polo encoro homónimo
Son paisaxes propias da Ribeira Sacra, onde a luz adquire ás tardes unha especial tonalidade de ouro




Sobre estas liñas, vemos o río Neira ao seu paso pola ponte de Covas, en Baralla
E debaixo, o Castiñeiro da Corredoira, sito á beira do Camiño Primitivo en Castroverde
Ambos os bens, o de Covas e o de Soutomerille, están protexidos polo seu carácter singular




Non é o caso doutras outras árbores localizadas en Guitiriz e mais en Chantada
Lembro que me chamara a atención o peche con forma de harpa da imaxe superior




Na zona coa maior riqueza gandeira da Península Ibérica abundan os bos pastos
A primeira hora da mañá, os prados cercados ofrecen a visión de amplos horizontes




Non é estraño tampouco toparse coas principais especies arbustivas en floración
Na foto superior vemos as chorimas dun toxo, e as dunha xesta branca na de abaixo




Estas outras imaxes corresponden a distintos puntos do corazón da Terra Chá
Bosques, prados ou acequias son elementos comúns na meirande chaira do país




A meteoroloxía e as vías de comunicación ocupan unha parte importante do horario laboral
Entre nevaradas e temporais, resulta corrente toparse con fenómenos coma os arcos da vella




Lugo é tamén o lugar onde boto máis tempo durante as horas que paso traballando
Moitas delas horas mortas, de espera ou de garda, como fora o caso aquí na clínica Polusa
Recordo que isto acontecera a tarde que operaran o triatleta Gómez Noya antes dos Xogos de Río





Paisaxes urbanas, mar e montaña configuran certamente unha extensión da oficina
Algúns escenarios son tan turísticos como efémeros, como ocorrera con Castro Candaz
O acceso ás ruínas emerxera, coa seca do inverno, neste famoso promontorio de Chantada


Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...