25/03/21

Catro detalles dun cadro colorido


Este de inspiración africana é un detalle da última pintura que rematei
 Saíu ben colorida, se cadra co fin de compensar os grises tempos que estamos a vivir
Neste post irei debullando o cadro por partes, brevemente, comezando por un gato azul, que non triste




Félido e busto, cun disco solar, conforman un conxunto á beira dereita do lenzo
No outro extremo, vemos unha especie de esquematizada grande onda de Kanagawa
E na parte superior central, dúas ás opostas e un círculo tamén azul evocan unha bolboreta 




Non negarei que o proceso de creación deste óleo me resultou especialmente laborioso
Logo duns cantos bosquexos iniciais, a composición foi mudando ata chegar ao seu aspecto final
Tal como se pode apreciar sobre estas liñas, acompaña outro cadro de hai uns anos no cuarto da miña filla


A arte rupestre de Campo Lameiro

  Neste verán que non quere rematar fomos ata a capital galega dos petróglifos e tamén viaxamos no tempo Visitamos o Parque Arqueolóxico de ...