26/06/15

Avifauna




O principal parque ornitolóxico galego encóntrase a uns quince quilómetros de Lugo
Trátase de Avifauna, que conta cuns 600 exemplares de ata 250 especies de aves
Entre elas destaca o casuario común, orixinario de Nova Guinea e de Australia
Un macho pode chegar a medir dous metros de altura e acadar os 60 quilos
É, de feito, a terceira ave máis grande e a segunda máis pesada do mundo
Cun acentuado dimorfismo sexual, a súa plumaxe aseméllase ao cabelo
E o casco e mailas grosas patas danlle un aire como de dinosauro
É dicir, dun sobrevivente entre as criaturas propias doutra era




Neste parque de Bravos, no concello de Outeiro de Rei, hai outras grandes aves
Entre elas encóntrase a segunda maior do mundo, o emú, do sueste de Australia



E en Avifauna tamén está a maior ave de todas cantas hai, a avestruz
O macho pode medir tres metros de altura e pesar mesmo 180 quilos



Outra ave de gran tamaño emparentada coa avestruz é o ñandú
Existen varias especies de ñandús en boa parte de Suramérica
Abaixo vense os voitres comúns que cohabitan coas avestruces




As aves de rapina tamén ocupan un lugar preeminente no parque
Hai varias especies de aguias, como é o caso da aguia esteparia
E rapaces nocturnas, coma os mouchos reais e mais as curuxas




As galináceas son das especies máis abundantes en Avifauna
Os pavóns adoitan andar ceibes a se luciren polas instalacións




A pita do monte é unha das especies emblemáticas do parque
De feito, levan doce anos criando pitos da subespecie común




Entre as aves galiformes, as especies de faisáns son as máis numerosas
Arriba, temos un faisán Vielott e outro prateado, ambos do mesmo xénero
Abaixo, un faisán amarelo e o espectacular Lady Amherst, tamén parentes




Sobre estas liñas, temos unha parella do rechamante faisán mikado
Abaixo hai un exemplar macho de galo lira, parente da pita do monte
Debaixo del, un pauxí copete de pedra, propio do norte suramericano




No aviario de Avifauna tamén se pode ollar o tragopán Temminck
Debaixo temos unha parella do chamado faisán monal do Himalaia




Nun dos espazos abertos do parque conviven varias especies de anátidos
Hai exemplares de ganso común, emperador, de Hawai, de cara branca...




Os cisnes tamén conseguen facer as delicias dos máis pequenos
No aviario hai tanto os negros ou australianos coma os vulgares



No centro mesmo de Avifauna recreouse unha lagoa tropical
Nela conviven os flamengos cos ibis escarlata e os cullereiros




Outras especies tropicais presentes en Avifauna son as dos papagaios
Están o guacamaio azulamarelo, o papagaio boliviano, os agapornis...





Sobre estas liñas, as avefrías europea e militar, aves de humidais
Abaixo, unha garza da noite, que se alimenta sobre todo de peixes



Avifauna non só ofrece un aviario no que ollar aves de todo tipo
O visitante goza tamén dun xardín botánico durante o percorrido





A profusa vexetación dálles sombra ás aves do parque
E ao mesmo tempo ofrece recunchos nos que perderse





No medio do parque hai un merendoiro e mesmo unha casa





Moi preto de alí, as grúas coroadas comparten espazo con outras aves
Xunto co casuario, son unha das especies emblemáticas de Avifauna


Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...