Vimos de vivir unha experiencia inesquecible no castelo de Narla
Coñecemos os seus moradores, as fadas, os cabaleiros e mailos reis
Foi grazas a unha visita artellada pola organización Criança Cooperativa
A fortaleza encóntrase en Friol, a uns 25 quilómetros ou 20 minutos de Lugo
Ergueita no século XIII, está situada no lugar da Castronela, na parroquia de Xiá
O propio topónimo fala por si só sobre a orixe moi anterior do asentamento humano
De feito, unha croa rodea toda a edificicación, que á súa vez bordea o río que lle dá nome
A día de hoxe o castelo pertence á Rede Museística Provincial de Lugo
Nada máis chegarmos, unha amable guía comezou a orientarnos polo seu interior
Na corte das bestas soubemos como eran as antigas liteiras
E no interior dunha delas, da meirande, atopamos a raíña do castelo
Lucía unha coroa real e saudaba os plebeos non sen unha disimulada sorpresa
Lucía unha coroa real e saudaba os plebeos non sen unha disimulada sorpresa
Logo fomos coñecer as ferramentas dos oficios tradicionais
E, como campesiños de outrora, traballamos a terra cunha grade
Xa na primeira planta da fortaleza dirixímonos cara á cociña
Alí agardábanos unha bruxa que parecía preparar apócemas nun pote
Cuns ovos que lles collemos ás pitas fixemos masa para rosquillas
Foi no gran salón do castelo, á calor do lume dunha señorial cheminea
No cuarto das tecedeiras coñecemos unha personaxe máxica
Era unha fada dormente que espertou co rico recendo das rosquillas
Deixamos atrás o salón e pasamos onda unha colección de morteiros
Tamén contemplamos unha morea de lucernas, un escritorio ou unha alcoba
Tamén puidemos ver unha colección de espadas ou de sabres
Era tan ampla que mesmo había unha katana pertencente a un samurai
Nesa mesma sala facía garda un cabaleiro medieval
Ao seu carón encontrábase o acceso a un escuro alxube
Ascendemos a outra planta pola torre e vimos outra colección
Neste caso eran todo tipo de armas de fogo, incluso pequenos canóns
E no último andar ollamos un novo dormitorio, este de maior luxo có anterior
Cando por fin acadamos o alto da torre, celebrámolo con cantos e danzas
Entre as almeas, tivemos ocasión de contemplar os amplos horizontes que domina
De novo na cociña, o rei en persoa ofreceunos os doces que nós mesmos elaboramos
Papamos as rosquillas, que nos souberon, seguimos baixando e saímos ao exterior do castelo
Xogamos por fóra e descubrimos un lique seco de cor amarela
Estaba adherido ás pedras dos muros do lado sur da torre da fortaleza
Cheos de gozo polas vivencias en San Paio de Narla, deixamos aquel lugar
Nas nosas lembranzas, de seguro que ha ser sempre un castelo de conto de fadas
Tan cheo de encanto como soubo captar nesta imaxe un artista chamado Xosema Tensk