Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo
Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda', que se pode visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo
Conta con dúas seccións, unha dedicada á alta costura e outra ás figuras que reproducen personaxes cinematográficas
Abaixo, a bonequiña que non é de Mattel posa á beira das principais personaxes femininas dun musical que lle gustara moito, Grease
A maior parte das vitrinas están adicadas a figuras relacionadas co cine
Por suposto, non podía faltar a película que o ano pasado supuxo todo un fenómeno global
Efectivamanente, tamén está representada, xunto ao seu propio carro, a barbie que protagoniza o filme homónimo
Tampouco faltan as actrices protagonistas dalgunhas das principais obras de Alfred Hitchcock
Entre elas, Tippi Hedren en Os paxaros ou a aristocrática Grace Kelly en A ventá indiscreta ou Atrapa un ladrón
Outros clásicos do celuloide, como é o caso de Foise co vento ou O mago de Oz, tamén figuran nesta sección da mostra
Complétana superheroínas de DC Comics, personaxes élficas de O señor dos Aneis ou membros das familias Adams e Monster
A segunda parte da exposición está conformada por barbies que locen deseños de moda, algúns feitos expresamente para elas
Deste xeito, réndeselles homenaxe a creacións coma as de Coco Chanel, Ágatha Ruíz de la Prada, Karl Lagerfeld ou Yves Saint Laurent
Curiosamente, entre todas estas pezas de coleccionista non figuran ningún Ken, nin sequera o da peli Barbie
Pero si se poden atopar numerosas personaxes masculinas, sobre todo no apartado cinematográfico, como Elvis ou James Dean
Pero si se poden atopar numerosas personaxes masculinas, sobre todo no apartado cinematográfico, como Elvis ou James Dean
O pirata Jack Sparrow, a tripulación da USS Enterprise ou os superheroes de DC tamén posan entre placas de metacrilato
Algunhas das figuriñas que se amosan nesta exposición corresponden a edicións con menos de mil exemplares en todo o mundo
Poderán admirarse nesta mostra sobre a presenza desta icona no cine e na moda, por vez primeira no noso país, ata o vindeiro 1 de maio