05/10/20

O paseo do Miño

O do Miño é o paseo fluvial máis longo de todo o cinto verde de Lugo
Consta de varios treitos, comprendidos entre as pontes que cruzan o principal río do país
O último dos tramos comeza no viaduto máis antigo, que foi erguido durante o período galaicorromano
Entre esta ponte e a máis recente, coñecida como a branca, encóntrase o caneiro do Muíño, ao que lle segue o da Tolda



Entremedias tamén se atopa o balneario lugués, onde se poden visitar as termas romanas
Ese tramo, máis estreito e coñecido como o paseo do Miño, une o parque do Miño co da Tolda e co Rato
Río arriba encóntranse as instalacións do Club Fluvial de Lugo, unha entidade creada durante a ditadura franquista
 
 
 

Unha pasarela peonil une o barrio de San Lázaro coa antiga Fábrica da Luz
Xunto a esta, érguense o estadio Anxo Carro e mais o pazo de Feiras e Congresos de Lugo



Tras unha aberración de centro comercial construída á beira do río a comezos dos 90 chegamos ao parque das Saamasas
Esta área recreativa constitúe unhas das zonas verdes máis amplas da cidade, con lugares idóneos para merendas ou pícnics
Como non aprendemos dos atentados ecolóxicos do pasado recente, acaban de cortar varias hectáreas de soutos á beira mesmo
A finalidade, erixir unha nova urbanización, algo tan necesario como pode ser nunha cidade cunha cuarta parte das vivendas baleiras
 


Seguindo río arriba, hai un embarcadoiro para os catamaráns, actualmente sen uso
E a continuación encóntranse as instalacións do club de piragüismo Cidade de Lugo
A esta altura, baixo a ponte vella a Santiago, a ribeira converxe co paseo de Ombreiro




O paseo que conduce a Ombreiro conta con dúas variantes
Unha é unha senda peonil paralela á estrada e outra vai pola beira do río
O carreiro fai parada en excelentes miradoiros dende os que contemplar as augas do Miño



O carballo é a principal das especies arbóreas autóctonas presentes neste tramo
Tamén hai salgueiros e ameneiros, moitos dos cales foron pinchados coa excusa dunha doenza



Neste fermoso treito do río pódense ver as piraguas a todas horas a sucar as auga do Miño
Dende o anterior caneiro, o da Insuas, ata o seguinte, do Rei Chiquito, hai uns tres quilómetros de río
É dicir, ocupa preto da metade do máis longo dos paseos que conforman o valioso cinto verde da cidade amurallada 


Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...