01/05/18

Portugal dos Pequenitos


Portugal dos Pequenitos é unha desas visitas obrigadas para os nenos deste país
O parque temático funciona como unha sorte de escenario de conto feito á súa escala
 Encóntrase ademais preto, ao carón do centro de Coímbra, na beira esquerda do Mondego
Se ides motorizados, tede en conta que a entrada inclúe o aparcadoiro de en fronte o día enteiro




Á entrada do parque hai construcións propias das moitas colonias portuguesas de ultramar
Atopamos un pavillón do Brasil e mais edificios alusivos a diversos países africanos e asitáticos
No caso de Macao, o conxunto inclúe unha pagoda e un edificio chinés con maquetas no seu interior




Logo podemos coñecer tamén as edificicacións tradicionais portuguesas
Estas, á súa vez, parten da arquitectura galega que se espallou cara ao sur no medievo




Ademais das casiñas típicas, tamén se poden ollar réplicas de monumentos
Tratándose dun país profundamente católico, non falta un mosteiro coa súa igrexa




Dentro do parque, esta primavera pódese visitar unha curiosa exposición temporal
Trátase de figuras feitas con pezas de Lego, pertencentes á colección do holandés Alex de Jong




É un aliciente máis para aventurarse no interior desta cidade en miniatura
Unha urbe de estilo ecléctico dentro doutra, Coímbra, á que sobran razóns para a visitar


Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...