O último estado que visitamos na India foi o superpoboado Uttar Pradesh
Cuns 200 millóns de habitantes, é o territorio indio no que vive máis xente
Comezamos por Fatehpur Sikri, unha cidade Patrimonio da Humanidade
Construída no tempo dos mogois, semella hoxe en día conxelada no tempo
Xa en Agra, fomos ata o Taj Mahal, o monumento máis coñecido do país
Trátase dun mausoleo levantado no s. XVII polo emperador Shah Jahan
-A finalidade da obra era gardar os restos da súa esposa Mumtaz Mahal-
A porta para acceder aos xardíns xa dá idea da monumentalidade por vir
A vista dende a devandita porta ao Taj Mahal representa todo un arquetipo
Co seu reflexo no estanque, é a máis recoñecible deste patrimonio mundial
Pero existen outros puntos de vista desta icona, se cadra menos populares
É o caso do tiro dende unha das superficies que se atopan nos seus laterais
Ou dos detalles das incrustacións de pedras preciosas na fachada do edificio
Por non falar dos corredores do interior deste mausoleo de planta octogonal
As imaxes dende os arcos do eco da mesquita lateral tamén resultan curiosas
-Ao non estar orientado cara á Meca, non pode dedicarse ao culto islámico-
Mais non menos a panorámica do río Yamuna dende os minaretes traseiros
Xustamente río arriba encóntrase o Forte de Agra, construído un século antes
O seu promotor fora o emperador Akbar, o mesmo que erixira Fathepur Sikri
Ao igual ca o Taj Mahal, as súas paredes están feitas de mármore translúcido
Isto permite que o sol as atravese e fai que muden de aparencia e cor
coa luz
Coma os peregrinos, acudimos a este lugar venerado por eles como
ningún outro
E dende o amencer, camiñamos polas súas vellas rúas, tan cargadas
de historia
Varanasi é considerada unha das cidades habitadas máis antigas do mundo
-Coma a propia relixión hinduísta, a súa orixe pérdese na noite
dos tempos-
Os fieis levan milleiros de anos visitándoa para faceren ablucións
no Ganxes
Río que, por certo, había anos que non estaba tan cheo como cando o
vimos
Tanto é así, que non puidemos pasear en barca para gozar da vista
dos ghats
Pero si puidemos observar as piras de leña nas que incineran os
crentes finados
-Moitos veñen morrer para interromper o samsara ou ciclo das
reencarnacións-
Cada unha delas pesa uns trescentos quilos, co fin de que ardan ben
os mortos
O último lugar ao que nos achegamos na viaxe foi Sarnath, preto de
Varanasi
No famoso Parque dos Cervos dera Buda o seu primeiro sermón no s.V
a.C.
Séculos despois, o emperador Ashoka chantara aquí a súa columna dos leóns
O que se conserva do seu capitel deu orixe ao escudo da República da
India
Así que procuramos visitar o museo que o alberga antes de voltar
para a casa
Volvemos algo fatigados, mais coa certeza de ter visto algunhas
marabillas
E un pouco mellor coñecedores, ademais, dunha das grandes
civilizacións