O colectivo artístico do Salnés "Habelas" está a expoñer obras dos seus 29 membros
A mostra pode ollarse na sala Rivas Briones, na rúa Alcalde Rey Daviña de Vilagarcía
Supón, de feito, a presentación en sociedade de toda unha xeración de novos talentos
Trátase de mozos, a maioría da contorna, interesados na expresión a través das artes
Decidiron agruparse no verán de 2012, e a súa asociación xa deu os primeiros froitos
Entre esta pléiade de artistas de seis disciplinas distintas figuran varios amigos meus
É o caso de Suso Gómez, un escultor cambadés de inspiración próxima ao ciberpunk
Melómano, cinéfilo e mais dotado dunha gran sensibilidade, encántalle a ciencia-ficción
Melómano, cinéfilo e mais dotado dunha gran sensibilidade, encántalle a ciencia-ficción
Na foto está á dereita, xunto con varias pezas súas e Isi, outro colega da cuadrilla
Sobre estas liñas campa un
soberbio exemplar de billafante,
un ser creado por Suso
Con corpo de granito e cabeza
de surtidor, deulle vida coas súas mans de demiúrgo
Como ás pedrarañas e outras criaturas que
pululan pola súa mente e polo seu taller
-De onde saíron pezas tan ousadas como esta representación do mesmísimo Cthulu-
-De onde saíron pezas tan ousadas como esta representación do mesmísimo Cthulu-
Algunhas delas poden verse neste blog do propio autor, quen xusto neste día fai anos
Vaian por diante os meus
parabéns, tanto polo aniversario como polo labor feito
A colectiva tivo un éxito de
público xa na súa inauguración, a pasada fin de semana
A maior parte dos integrantes
de “Habelas” recorren á pintura como vía de expresión
Unha das pintoras que toman
parte na mostra é Nesti, tamén do círculo dun servidor
Expón o colorido retrato de
varios membros dunha mesma familia nun contexto tribal
Quen admira a obra realizada
por Nesti é Beni, outro apreciado compañeiro de fatigas
E amiga tamén de todos os
mencionados é a autora destas excelentes instantáneas
Refírome á fotógrafa Anabel Carrión, que conta cunha bitácora chamada Turistrazos
-E mais outro blog, cos textos redactados en alemán, que se denomina Atlantikgrün-
A exposición, Conexións,
poderá visitarse na vila arousá ata o vindeiro 24 de febreiro