Trala nosa estadía no
Quebec visitamos a provincia canadense de
Ontario
Fomos dende a capital do país ata Toronto e achegámonos ata o Niágara
Otava, chamada así pola tribo nativa, encóntrase á beira do río homónimo
Nela teñen a súa sede as cortes do Canadá, o Senado e mailo Parlamento
Sobre estas liñas, a torre do neogótico Parlamento do Canadá
A cidade conta polo verán con bastante animación nocturna
Son unha especie de torradas longas e finas, que están boísimas
A
Rideau Canal, con 45 esclusas, atravesa a capital canadense
Con 200 quilómetros de lonxitude, salva un desnivel de 80 metros
É a diferenza de altitude entre o río á altura de Otava e o lago Ontario
Declarada Patrimonio Mundial, serviu de precedente da Canle de Suez
No inverno unha sección convértese na maior pista de patinaxe do mundo
Na outra beira do Otava encóntrase a cidade quebequesa de Gatineau
Cruzar dun lado a outro do río na práctica supón cambiar de país
É outra cultura, con outra lingua, outras leis e outro carácter
O
edificio caracterízase por non ter esquinas
Fomos tamén ao nacemento do San Lourenzo para coñecermos as
Mil Illas
En realidade son preto de 2.000 as insuas que salpican o río nesta rexión
A maioría delas locen casiñas, mansións ou pazos na súa superficie
No paseo en barco mesmo se pode ollar algún que outro castelo
Boa parte das Mil Illas encóntranse xa en augas estadounidenses
O noso seguinte destino estaba xa á beira dun dos Grandes Lagos
Cunha área metropolitana de 6 millóns de habitantes, é a maior cidade do país
Refírome a
Toronto, cuxo
skyline se asocia a unha torre de medio quilómetro de alto
Ademais da
Torre CN, o singular consistorio tamén é toda unha icona
Logo temos aquí outra cidade subterránea importante, polos rigores do inverno
Pese á súa idiosincrasia anglosaxoa, Toronto é unha cidade multicultural
Unha alta porcentaxe da poboación ten unha orixe chinesa, italiana ou portuguesa
Con 56 quilómetros de lonxitude, esta avenida está considerada a máis longa de todo o mundo
A rúa Yonge parte das inmediacións da torre CN e do lago Ontario
En fronte a Toronto hai varias
illas, con vistas á cidade propias de postal
Mención especial para a Devonian Square, un recuncho cheo de encanto
Nun dos días que botamos en Toronto fomos de excursión ao
Niágara
Nesta península visitamos as famosas cataratas en forma de ferradura
Tamén vimos as fervenzas da beira estadounidense do río
Estas son bastante máis pequenas cás canadenses
Nas inmediacións das caídas de auga construíron hoteis, casinos e diversas atraccións
É o resultado de que neste mesmo século vendesen terreos públicos pegados ao río
Esta vila encóntrase na desembocadora do río de igual nome
O curso fluvial conduce a auga dende o lago Erie ata o Ontario
Niagara-on-the-Lake conserva un certo aire colonial
Este conflito anglo-americano saldaríase co fracaso dos Estados Unidos
Pero 200 anos despois o certo é que esta terra semella unha expansión ianqui
Algo do que os propios canadenses son conscientes e que non deixa de os preocupar