02/11/21

De Barrantes a Ponte Arnelas

 


Se o ano pasado percorremos o treito final do Umia, desta volta veremos o tramo que vai de Barrantes a Ponte Arnelas
Son outros 5 km que se veñen sumar aos cinco anteriores se se sae a pé dende Cambados, aos que se engadirá a volta
O itinerario en cuestión parte do merendeiro do Umia e vai pola beira esquerda ata chegar, río arriba, á ponte de Cabanelas




No primeiro treito a ruta discorre entre o río, aínda ancho, e cultivos coma o do millo
Baixo estas liñas, vemos uns remeiros vogando con cadansúa táboa entre a vexetación da ribeira




Na metade do percorrido topámonos co club náutico de Cabanelas
Aquí é onde se encontran as piscinas municipais de Ribadumia, que tamén visitamos




A área recreativa conta ademais cun merendeiro con vistas ao Umia
A partir deste punto, a ruta continúa pola outra beira do río, pola dereita




Ao meu ver, este é o tramo máis vistoso do itinerario, por varias razóns
Para empezar, hai unha maior riqueza de arborado, con diversas especies ripícolas




Ademais, o treito posúe unhas cantas praias fluviais, ideais para se refrescar polo verán




Os areais do traxecto encóntranse nas proximidades de Ponte Arnelas
Aquí o río nada ten que ver xa con aquel que viamos preto da desembocadura




En Ponte Arnelas pasamos por baixo dun arco da ponte que lle dá nome ao lugar
Encóntrase entre Leiro e Baión, parroquias pertencentes a Ribadumia e a Vilanova respectivamente




Ao parecer de orixe medieval, a ponte foi restaurada no século XVI
De feito, conserva un escudo de Filipe II, algo pouco común na contorna
Ata aquí, de forma practicamente ininterrompida dende o esteiro, chega a ruta


De Barrantes a Ponte Arnelas

  Se o ano pasado percorremos o treito final do Umia , desta volta veremos o tramo que vai de Barrantes a Ponte Arnelas Son outros 5 km que ...