Un filme que si me fascinou foi este: O curioso caso de Benjamin Button
Non só pola película en si, que é fantástica -aínda que longuísima de máis-
Senón porque me recordaba un relato de Rafael Dieste que lera moi novo
O conto en cuestión, de apenas catro páxinas, chamábase O neno suicida
-Que fora publicado por Galaxia no libro Dos arquivos do trasno, de 1926-
Consiste na narración da súa historia nunha tasca por parte dun vagabundo
O argumento era moi semellante ao da obra de F. Scott Fitzgerald, de 1921
Pero no caso de Dieste o protagonista non saía avellentado do ventre da nai
Era aínda máis gótico, posto que o vello nacía nunha tumba dun cemiterio:
"-Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A Noso Señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro."