8MIHL é unha exposición
colectiva que abrangue diversas disciplinas artísticas
Ao longo das últimas
semanas, tomou o Museo Interactivo da Historia de Lugo
Desfilaron polas salas obras de pintores, escultores, debuxantes ou fotógrafos
Case todos son amigos ou
coñecidos, polo que non nos resultaba alleo de todo
Aínda que eu non puiden
acudir a inauguración ningunha, si o fixo a miña familia
-Tal como se pode observar nestas fotos da galería da propia web do proxecto-
Os primeiros en expoñer
foron o fotógrafo Toño de López e mailo escultor Poy
As instantáneas son
retratos das xentes da aldea de Pacios, no concello do Incio
Os fotografados que aquí
figuran son Eduardo da Pradeira e Pili de Queixomarío
En canto ás esculturas,
pertencen a unha colección chamada Homes, homiños...
Nelas exprésanse, con
liñas básicas e sinxelas, as formas humanas de sufrimento
A seguinte arte á que se
dedicou esta mostra colectiva no MIHL foi a pictórica
Así, os cadros de Jojo e
mais de Quique Muruais encheron boa parte do museo
Con Jorge Alba comparto,
entre outros, o gusto por pintar os lenzos coas mans
A técnica dálle moi bo
resultado, tal como se pode apreciar na serie Enredos
Verbo dese artista total
que tamén responde ao nome de Kimuru, évos un mestre
O nome da súa serie, Figurando
e Perfilandia, evoca historias tecidas a pinceladas
Dos 8MIHL, os seguintes
cumios artísticos conquistados foron os da ilustración
Como representante da
novena arte, acudiu o autor barallense Miguel Fernández
O debuxante amosou os
orixinais das seus cómics publicadas ata o momento
O ilustrador Alberto Guitián ocupou cos seus trazos a sala onde estiveran as fotos
Levou alí as láminas do
seu Circo Lorza, un espectáculo de humor de (sobre)peso
Outro peso pesado do humor
gráfico lugués, Leandro Barea, acudiu a expoñer no MIHL
Torpedeou coas súas
sátiras a xeralizada inconsciencia da sociedade na que vivimos
Fíxoo ocupando unha
parede da mesma sala na que se expoñen as esculturas de Poy
Por último, presentouse
unha interesante proposta multimedia de autoría colectiva
Trátase dunha montaxe que
proxecta personaxes sobre un escenario feito de cartón
Relata pasaxes recollidas
na novela As meigas de Lupa, da xornalista María Solar
Antón da Infesta deseñou
o proscenio, e colaboran os actores de Achádego Teatro
Esta exposición artística
multidisciplinar aínda poderá verse enteira ata o 6 de abril