Un prado asolagado próximo a Muimenta figura á cabeza desta nova serie de paisaxes lucenses
A que foi unha das primeiras fotos que fixen o ano pasado no traballo capta o desbordamento do Miño
No mesmo río, tiveran que aliviar unha gran cantidade de auga no encoro de Belesar debido á enchente
Pola área recreativa de Baamonde discorre un dos principais afluentes do Miño, o Parga
Visitámola na compaña dunhas amigas de Lugo cando xa comezaba a abrirse paso a primavera
Tamén estivemos, xa cun sol radiante, na área recreativa das Saamasas
E de paseo entre o Castiñeiro e a Piringalla vimos este soberbio pradairo
De novo en ruta coas unidades móbiles, visitamos unha granxa de cabritos en Guntín
Debaixo, vemos un humidal próximo ao castro palense da Ourela, un dos maiores do país
Pola nosa conta, visitamos o castelo de Pambre, en Palas, ou a fortaleza de Narla
No interior desta torre, en Friol, asistimos a un obradoiro e mais a un contacontos
Tamén polo verán, puiden subir a pé ata Penas de Rodas, en Gaioso, dende a outra beira do Ladra, en Uriz
De volta ao choio tras o verán, fomos unha morea de veces ata a Mariña
Sobre estas liñas, figura a torre dos Moreno, en Ribadeo, ou o faro de Punta Atalaia, en San Cibrao
Nunha ocasión, tamén navegamos polas rías de Viveiro e do Barqueiro a bordo dun patrulleiro do servizo galego de gardacostas
De determinadas coberturas realizadas polo outono gardo un grato recordo
Foi o caso daquela vez que percorremos boa parte dun paseo en Monforte pola beira do Cabe
Ou cando vadeamos un río en Miraz, no concello chairego de Xermade
Era unha mañá outonal de incipiente xeada en que gozabamos dunha luz preciosa
Estas últimas fotos corresponden ao centro de Lugo entre a noite e o amencer
Coma as anteriores, a maioría foron publicadas na miña conta de Instagram, que podes visitar aquí