28/08/19

Flandres


Vimos de visitar Flandres, un dos países máis densamente poboados de Europa
Partimos da capital da UE, Bruxelas, enclave maioritariamente francófono dende o s. XIX
Fundada na Idade Media polos duques de Brabante, a maior xoia do seu casco histórico é a Grand Place
Nela a burguesía local deixou para a posteridade unha serie de casas gremiais que hoxe conforman un conxunto inconfundible




Da mesma época, do s. XVII, data esta escultura non menos coñecida en todo o mundo
Refírome ao Manneken Pis, o homiño de bronce que ouriña a escasos metros da praza maior bruxelesa




Durante unha semana, comprobamos como ían vestindo a figura con sucesivos traxes
Tamén nos topamos coa súa versión feminina, a Janneke Pis, situada onda o famoso Delirium Café




Visitamos en varias ocasións as galerías reais de Bruxelas
Alí degustamos un dos produtos estrela da cidade: o chocolate
O escaparate de Neuhaus lucía as figuras e as casiñas dos pitufos




Os pitufos son figuras recorrentes no escaparatismo das tendas de xoguetes e de cómics
En fronte á estación central de trens encóntrase este mural alusivo aos personaxes creados por Peyo
E moi preto do Manneken Pis pódese ollar este outro mural protagonizado por Tintín, do tamén bruxelés Hergé




O primeiro museo ao que accedemos en Bruxelas foi a casa do arquitecto Víctor Horta
Trátase dun tesouro do art-nouveau, deseñado como vivenda propia por este precursor do modernismo
Detrás virían as visitas a diversos monumentos da cidade, como foi o caso da catedral, moi semellante a Notre-Dame




Tamén pasamos por onda o Berlaymont, o edificio que acolle a Comisión Europea
Boa parte da cidade encontrábase en obras, moitas delas destinadas a transformar en peonís as principais arterias




Nos días que botamos en Bruxelas deunos tempo a probar os principais produtos locais
Se as cervexas de abadía son os máis visibles, non menos certo é que un continuo recendo a gofre inunda a cidade
Tamén pasamos en varias ocasións por onda o Atomium, deseñado polo enxeñeiro André Waterkeyn para a exposición universal de 1958




O Mont-Des-Arts foi outro dos lugares que frecuentamos nesta urbe
Alí visitamos os Museos Reais de Belas Artes, comezando polo dos Oldmasters
Nel puidemos gozar dunha exposición temporal que reunía as principais obras dos Bruegel




Tamén tivemos o pracer de percorrer as salas do museo Fin-de-Siècle
Alí admiramos cadros, esculturas ou mobiliario de finais do século XIX e inicios do XX
Entre as obras de art-nouveau que atopamos figuraban unhas cantas do grande artista checo Alfons Mucha




Alí tamén se pode ollar unha fundición a escala reducida do Pensador de Rodin
Baixo estas liñas, unha pintura que representa a Bruxelas de hai 150 anos, de Van Moer




En Bruxelas puidemos coñecer de preto un acolledor crisol de culturas
Con recunchos coma o mercado de Saint-Géry ou a praza de St. Catherine
E, por suposto, ese punto de encontro que é a Grand Place, patrimonio mundial




Tamén é Patrimonio da Humanidade a rede de beguinarios distribuídos por todo Flandres
Comezamos por visitar un dos que mellor se conservan, o de Bruxas, que data do século XIII
Na cidade flamenga tamén admiramos a harmonía das icómicas casiñas de cores do Grote Markt




Non desaproveitamos a oportunidade de pasear polas canles desta cidade de conto
Á volta, de feito, revisionamos o filme "In Bruges" para nos reencontrar coas súas estampas




Na seguinte xornada recalamos na cidade de Gante, onde estaban en festas
Alí deambulamos polo mercado dominical e degustamos uns deliciosos mexillóns con cebola e apio





Tamén estivemos entre os muros do Gravensteen, o castelo dos condes de Flandres
E mais visitamos o interior da catedral, onde nos abraiou o seu púlpito de carballo e mármore




O seguinte destino da nosa ruta por Flandres había ser Antuerpen
No centro do segundo maior porto de Europa percibíase unha actividade comercial frenética




Alí visitamos dende un obradoiro de chocolate ata un taller onde traballaban con diamantes




Posteriormente, dedicamos outra xornada a visitar Lovaina, orixe da cervexeira Stella Artois
En diante do consistorio, de estilo gótico brabantino, estaba chantada a tradicional árbore de maio




En Lovaina tamén se encontra a sede dunha das universidades máis prestixiosas do mundo
En diante do edificio da súa biblioteca central topámonos con esta escultura dun escaravello atravesado por unha agulla




Aproveitamos a visita para adentrarnos no Gran Beguinario de Lovaina
Ademais, paramos a tomar un café memorable no Oude Markt e entramos na colexiata de San Pedro




O último día da viaxe as vías do tren leváronnos ata a cidade de Malinas
Alí contemplamos as vidreiras da catedral, cunha torre de case cen metros de altura




Aquí tamén tivemos a ben coñecer as beguinaxes locais, comezando polo Groot Begijnhof
Ademais das casiñas das beguinas, nas súas rúas había unha cervexeira artesanal que quixemos visitar




E ata aquí chegou o relato das nosas enriquecedoras aventuras por estas terras de Flandres
Foron días de gozoso tránsito continuo por este país pequeno en extensión mais enorme en canto a acervo cultural



Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...