Unha
novela gráfica negra e rural ambientada na Galicia dos anos 80
Así é
Os días do cometa, de Manolo López Poy e Miguel Fernández
Publicada
este ano por Demo Editorial, trata un submundo marxinal
O cómic
afonda na retroalimentación entre narcotráfico e corrupción
Entre
prostitución, violencia, carencia de escrúpulos e mais barbarie
Disecciona
con bisturí a degradación da relación entre vellos amigos
Un
deles comercia co ladrillo e coa droga e outro é o seu can de presa
Un
terceiro semella un borrachón apoucado que só saca peito co alcol
A historia comeza cunha escena que evoca a dos xogadores de cartas
A faciana do cuarto personaxe que xoga na timba tarda en desvelarse
A obra
debe o seu nome ao paso do cometa Halley en febreiro de 1986
Ao
longo das súas páxinas figuran varias citas alusivas a ese fenómeno
Todas
cargadas de malos presaxios que advirten sobre o que está por vir
A
estética retro, oitenteira, propia daquelas datas, revive nestas viñetas
Son
multitude os detalles que nolo recordan, comezando polos coches
É o
caso dos catro latas da benemérita e dos dous cabalos da telefónica
Por non
falar do supercinco turbo ou do 124 dos propios protagonistas
Logo
están os carteis, as comecartos de panca ou o finado de Mariñas
Ademais
dun contexto económico marcado pola reconversión agraria
Como
ben se indica a través das tractoradas contra as políticas da UE
O
guionista e o debuxante de Os días do cometa xa traballaran xuntos
Fora
con O fillo da furia, publicado en 2010 tamén pola editora Demo
-Sobre
as desventuras dun bandoleiro de Ortegal de inicios do s. XX-
Agora
ambos os dous preparan un novo proxecto, que dará que falar
Vai sobre un home que non acaba de triunfar no mundo das touradas
Ha saír
do prelo simultaneamente en varios idiomas a finais deste ano