30/12/22

Selma en 2022


Este ano a nosa filla pegou outro forte estirón e iniciou o último curso de primaria
Selma figura, por tanto, entre as maiores do seu cole, coa responsabilidade que iso implica
Unha das primeiras lembranzas de 2022 foi a visita a unha mostra no MIHL sobre xoguetes antigos




Daquela, aínda en pleno inverno, celebrabamos o Entroido
E na escola estaban a realizar un traballo sobre Harry Potter
A nena vestiuse, por tanto, coma unha estudante de Hogwarts




Coa chegada da primavera, comezamos a realizar saídas polo cinto verde de Lugo
Así, percorremos quilómetros e quilómetros pola beira dos ríos na Chanca ou no Rato




Deste xeito, a rapaza puido seguir aprendendo, por exemplo, os nomes das árbores dos parques periurbanos




A reapertura gradual marcou este 2022, sobre todo na primeira metade do ano
Así que aproveitamos para realizar unha serie de viaxes pospostas xa dende había tempo
A Semana Santa pasámola en Valencia, onde comemos moita paella e bebemos unha horchata riquísima




Alí tamén visitamos a Cidade das Artes e das Ciencias e mais o Bioparc
E os tres puidemos aprender moito máis sobre a fauna que hai por todo o mundo




Ao mes seguinte, na ponte das Letras, fomos pasar uns días onda os tíos de Madrid
Con eles, paseamos por dous parques moi grandes e chulos, o Warner e o do Capricho




No parque de atraccións subimos a uns cantos mecanizados
Pero o que máis nos gustou foi a variedade de espectáculos que ofrecía




Pasaron as semanas e, antes de que nos désemos de conta, chegaron as vacacións




Foi tempo de moita calor, de festas e de feiras, coma a das Marabillas




Tanto visitamos a familia da Coruña coma a de Cambados
E foi entón cando realizamos unha viaxe que viñamos programando dende 2019




Puidemos ir, por fin, aos Países Baixos, onde percorremos as canles de Amsterdam
Tamén vimos Volendam ou Marken, e no sur, en Brabante, botamos uns días no parque de Efteling




Mais de novo o tempo seguiu o seu curso e foi rematando o verán
Ao chegar setembro, Selma fixo anos rodeada dalgunhas das súas amizades do cole




Botamos unha tarde de xogos no parque do Miño
E, xa empezado o curso, celebramos as festas do San Froilán




Tamén tivemos tempo de ir buscar cogomelos
Ou de pasar o día na capital tras acudir a unha manifestación
Xa para acabar, un ano máis celebramos o Nadal coas amizades e coa familia
En resume, pasámolo moi ben neste 2022, e agardamos que o 2023 avance nesa dirección
Moi felices festas para todos e todas e os nosos mellores desexos para esta nova volta arredor do sol



15/11/22

De excursión micolóxica


Aproveitando o veranciño de San Martiño, fomos de excursión micolóxica
Nun día máis propio da primavera ca do outono, visitamos varias carballeiras da comarca de Sarria




Nelas vimos unha morea de cogomelos de diversas especies, coma lepiotas ou fistulinas hepáticas




Tamén demos cuns cantos exemplares dos fungos coñecidos como peidos de lobo




A Selma encántanlle este paseos entre os carballos do Páramo ou de Láncara




Dado o avanzado da estación, tan só atopamos un boleto que semellase en bo estado
Para non marchar coas mans baleiras, fixemos unha paradiña en Maceda, onde enchemos a cesta con outras delicias


 

Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...