Cada vez son máis as pequenas cervexerías galegas creadas dun tempo a esta parte
Con maior ou menor fortuna, foron sacando ao mercado beberaxes de dispar calidade
No caso de Adegas Menduíña, do Morrazo, elaboran unha excelente Indian Pale Ale
-Chámase "Kamek", coma o que se considera que era o nome prerromano de Cangas-
Fana en colaboración coa cervexeira catalá L'Anjub, que soubo apostar pola artesanía
Co nexo en común da produción artesanal galega, véñense de celebrar unhas xornadas
Nelas participaron varios locais especializados da principal zona de copas da Coruña
Entre eles, algúns aos que son asiduo, como é o caso do Malte ou de A Cova Céltica
Supuxeron a primeira fin de semana da cervexa artesá galega que se celebra na cidade
Xunto con Menduiña, Saramagal e Dama Alaricana foron outros fabricantes presentes
Este foi o cartel das xornadas, cun vaso de cervexa no lugar do cáliz no escudo galego Sen dúbida, un xeito hábil de reproducir o espírito deste escaparate das nosas cervexas De carácter moi semellante á Kamek é esta outra beberaxe dun marcado sabor amargo Co nome de "Leyenda", é a cervexa extra special bitter do fabricante cántabro DouGall's |
Outra Indian Pale Ale exquisita é a Punk, que elabora a cervexeira escocesa BrewDog
En canto a esta última que vou mencionar, ten un sabor calidoscópico, rico en matices
É a Belgoo Luppoo, da cervexeira belga La Binchoise, que ten certo regusto a hidromel