02/10/21

A Fundación Manolo Paz

 


Xunto con Francisco Asorey, Narciso Pérez ou Paco Leiro, Manolo Paz Mouta é un dos principais escultores de Cambados
A sede da súa fundación de arte contemporánea foi unha das últimas incorporacións á longa lista de reclamos turísticos da vila
Encóntrase nas Quintáns, na parroquia de Castrelo, a onde nos diriximos para visitala e coñecer o artista no seu propio obradoiro




A Fundación Manolo Paz figura na ruta artística internacional de parques escultóricos
A través do percorrido pola exposición permanente do museo é posible revisar a obra do seu creador




O diálogo entre a arte e a natureza adquire unha especial relevancia nas diversas áreas deste parque 
Ambas conxúganse para crear uns novos espazos onde os distintos elementos figuran perfectamente integrados




Os traballos en granito predominan entre as distintas obras expostas nas Quintáns
Entre regatos, hortas, piñeirais e bosque autóctono, atópanse mesmo nos recunchos máis insospeitados




Especialmente pensados para as visitas en familia, como foi o caso, hai unha casa da árbore e mais un miradoiro




Durante a nosa demorada estadía na fundación, tivemos a oportunidade de parolar un anaco co escultor cambadés
Foi uns días antes da celebración das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz, en que foi homenaxeado o arquitecto Gallego Jorreto




Antes de irnos do parque, visitamos a exposición temporal do pintor Uxío López, tamén presente
Por último, pasamos pola tenda, onde se poden adquirir obras portátiles con pedras de diferentes partes do planeta




A sede da fundación do autor dos Menhires pola Paz está situada nunha paraxe natural privilexiada
A escasos metros, o Umia desemboca na ría de Arousa, polo que se pode contemplar o esteiro dende o parque
Seguindo pola costa, cara ao sur, o visitante poderá coñecer tamén as antigas telleiras ou refrescarse na praia das Saíñas

Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...