03/05/21

Os saltiños do Rato

 

Un dos maiores praceres da vida contemplativa lucense é o de percorrer o Paseo do Rato
Nel, un regueiro desemboca no río en forma de fervenza, pero pódense ver máis saltiños no traxecto
E tamén se poden escoitar, posto que o caudal salva o leve desnivel cunha cortina de auga cada poucos metros




Comezaremos esta visita virtual pola parte baixa do Rato para ir logo remontando o río
Ao pouco, o salmón que hipoteticamente viría desovar toparíase co restaurante Terras do Miño
O establecemento toma o nome do centro de interpretación da reserva da biosfera que hai ao seu carón




Moi preto, pódese subir a un miradoiriño dende o que contemplar o río
Encóntrase xusto antes do salto de auga máis coñecido do cinto verde de Lugo




Río arriba, as fervenciñas seguirán sucedéndose durante o resto do paseo
O murmurio da auga caída aumenta e decrece en intensidade conforme se avanza




A cada pouco, os regatos van alimentar o caudal do río
As augas, á súa vez, regan a vexetación fluvial e as árbores ripícolas




No último treito antes de alcanzar A Chanca sucédense os viadutos
Son as pontes e pontellas que comunican o paseo con Penoucos ou con Castelo
A esta altura remata o novo carril bici e xa se pode subir ao centro por unha costa empinada
De non querer ir a Fontiñas, o vieiro tamén nos conducirá ata Santo Eufrasio e á estación do ferrocarril
Todos os camiños son bos para ir ata o Rato, ver e oír a auga correr cara ao Miño e volver cun sorriso na faciana

Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...