Hoxe fai 80 anos unha das persoas que máis quero no mundo, que é o señor que me criou
Nado na mesma casa ca un servidor, meu pai tamén foi o fillo máis novo dunha familia numerosa
Mais a diferenza da sorte que tiven eu, a aquel rapaz tocoulle quedar orfo de nai con tan só oito aniños
A isto hai que engadir que falamos da posguerra, polo que a foto, en branco e negro, non era a máis alentadora
Malia todo, con tesón e moito traballo pois foi saíndo adiante, non sen ter que emigrar e embarcarse na mariña mercante
Deste xeito, puido percorrer medio mundo, principalmente a bordo dun buque alemán
Fora cando xa casara con miña nai e mentres ían nacendo meus irmáns, a finais dos anos 60
Ao regreso, uns anos máis tarde, comezaría a miña vida, que se pode resumir nas seguintes catro fotos
Na primeira, e o certo é que dá algo de vertixe pensalo, el era xa un par de anos máis novo do que eu son agora
Curiosamente, o outro avó da miña filla, meu pai político, circunnavegou o globo tamén como mariño
Agora, ambos levan xa uns cantos anos xubilados, tras desempeñaren outros labores tamén relacionados co mar
Si, nos ollos do meu pai vexo os da miña filla, e viceversa
Moitas das mellores lembranzas da miña infancia transcorreron na súa compaña
Ás tardes levábame con el onde fora, á Corniña, á Pastora ou a Ouso da Torre, e hoxe son eu quen fai o propio
Nesta última foto, podémolo ver feliz hai uns anos, cando meus pais celebraron as vodas de ouro rodeados de toda a súa descendencia
Para terminar, deixo aquí un video caseiro que gravou e editou Selma
Nel aparecen tanto miña nai coma meu pai, que espero que sigan gozando de boa saúde durante moitos anos