23/02/12

O último cadro



Este foi o último cadro da miña autoría que decidín enmarcar e colgar no noso piso
Forma parte da mesma serie que outro óleo que dá a benvida na casa duns amigos
Como se pode apreciar, para esta pintura optei por un delineado pulcro das figuras
Agás o branco e o negro, as cores presentes son as primarias e secundarias cálidas
E os elementos desta composición, de reducido número, carecen de complexidade
Todo coa idea de transmitir unha sensación de sinxeleza luminosa, acolledora e mol
Como non podía ser doutro xeito, o cadro acabou instalándose no cuarto de Selma


Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...