02/09/13

A festa do segundo aniversario de Selma



Esta fin de semana celebramos o segundo aniversario de Selma
Fixémolo na cidade natal da súa nai, na compaña dos seus avós



Sobre estas liñas, a nena saca fotos no paseo marítimo da Coruña
Abaixo, está connosco nunha das terrazas da praza de María Pita



Para a súa festa de aniversario, escollemos unha torta moi rica
Levaba varias capas de biscoito, nata e marmelada de amorodo



Comémola na casa dos meus sogros, xunto co meu cuñado, Diego
Á súa autoría corresponden as primeiras cinco fotos que vés de ver



Ningún comentario:

Os cirrios da Muralla de Lugo

  A chegada dos cirrios marca o inicio da mellor época do ano en Lugo Viñeron dende o sur de África para aniñar nos buratos da muralla roma...