02/05/23

Tarragona

 

Aproveitando a nosa recente estadía en PortAventura, dedicamos un dos días a visitar Tarragona
Puidemos así facernos unha idea de como funcionan os trens de cercanías nunha cidade bimilenaria
Da estación do parque, situada á beira do hotel, levounos dez minutos chegar ao centro da antiga Tarraco




O que vimos foi unha cidade luminosa á beira do Mediterráneo onde o mar está sempre presente mais na distancia
Unha urbe que foi capital da provincia romana que ocupaba máis de media Península, que hoxe sabe aproveitar os recursos preservados




Pola mañá visitamos o circo e mais o pretorio, cunha torre cunha gran vista panorámica da zona vella
Ao carón mesmo, fixemos parada para tomar un relaxante cafe amb llet e mais un gelat na Plaça del Rei




Tamén tivemos ocasión de practicar català, a lingua falada alí por tothom, á hora de comer
Para xantar, probamos os calçots, cunha riquísima salsa romesco, a escalivada ou a botifarra




Pola tarde, achegámonos ata o foro colonial, preto do actual Mercat Central
Tamén visitamos o anfiteatro romano, unha xoia arqueolóxica situada á beira da praia de El Miracle




O recinto histórico tarraconense conserva tamén parte das murallas levantadas en tempos dos Césares
No seu perímetro pódense cruzar portas coma a de Sant Antoni, aberta no século XVIII, xa na época dos Borbóns




A rúa Major conduce ata a catedral, por onde as laranxeiras recendían a flores de azar
E no Carrer dels Cavallers visitamos a Casa Museu Castellarnau, construída na idade dourada de L'imperi




Posteriormente experimentou sucesivas reformas, e hoxe serve para ilustrarnos sobre o modo de vida da burguesía catalá




E tamén fomos ver a Casa Canals, un edificio señorial do século XVIII
Na segunda planta habilitáronse salas de lectura e de exposicións artísticas




Ramblas abaixo, fomos desandando en dirección á estación, cara ás vías que separan as rúas da beiramar
De Tarragona, habemos gardar lembranzas dunha cidade tranquila que soubo conservar moito do seu rico patrimonio
Tanto no relativo ao material coma ao inmaterial, posto que descubrimos unha capital catalanoparlant orgullosa do seu legado

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...