12/12/07

Xmas


Vexo que xa se nos bota o Nadal enriba
-Témome que no sentido máis literal da expresión-
Así que vos deixo unha postal atípica
Trátase do lugués Paseo do Rato completamente nevado
Resulta curioso que mesmo o tempo se conxela nestas datas
Hoxe padecín os catro graos baixo cero non lonxe desta paraxe
Os amantes do esquí seica van esquiar
Os amantes da boa mesa fan o seu agosto
Os amantes a secas saben que fai frío fóra
O Nadal éche o que ten
Non deixa a ninguén indiferente

1 comentario:

Robby o robot dixo...

teño que recoñecer que a foto e preciosa pese a todo o frio que pases por mor da neve

Paisaxes de Lugo (X)

  Hai agora nove anos iniciara unha serie de entregas sobre as paisaxes da provincia de Lugo Comezara centrándome nas imaxes captadas en di...