02/01/08

Matrimonio con fillos


A mellor serie de televisión da Historia
"Married with Children", da Fox
E a máis duradeira desta cadea
-Co permiso dos Simpsons, claro está-
Emitiuse durante 10 anos, do 87 ó 97
Narra as desventuras de Al Bundy
Un home infelizmente casado
Un infeliz que intenta ir tirando
A pesar dos pesares e da súa familia
O seu é un personaxe sen igual
Estamos a falar do antiheroe definitivo
Todo un mito televisivo
Non menos mítica é a súa postura no sofá
Coa man metida por dentro do pantalón
-Cantos imitadores lle saíron nestes anos...-


1 comentario:

Robby o robot dixo...

Esa forma de senterse no sofá creou escola. Unha lastima que non a repoñan outra vez

Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...