23/05/08

A Liga de Athenea


Atenea é a deusa grega da sabedoría
Pero tamén o é da estratexia e da guerra xusta
Fálovos desta deidade porque lle dá nome a unha liga especial para min
Trátase da "Liga de Athenea", integrada case toda por colegas herculinos
Consiste nunha alianza entre varios participantes nun xogo na rede
En concreto o "Ikariam", maquinado polos alemáns Gameforge
Que tamén forxaron o "O-Game" ou o "Battleknight"
-Outros, bastante menos apaixonantes, xogos 'on line'-
No Ikariam partes dunha 'polis' nunha illa da Grecia clásica
E o que tes que facer é facela forte e defendela
Pero para iso é preciso facerse cunha serie de recursos
Aínda que os que poidas mercar non serán de abondo
Polo que finalmente te verás abocado a emprender colonizacións
Terás que montar novas colonias nalgunhas das incontables illas
Ademais, terás que establecer pactos de carácter cultural
-Destinados ó troco de virtuais bens culturais-
E mesmo podes fundar unha alianza ou integrarte nunha xa existente
E aí é onde entra nesta historia a Liga de Athenea
Creo que se trata dun xogo completo
Hai interactividade a través do comercio ou dos pactos culturais
Tamén mediante os acordos diplomáticos que poidas realizar
E opino tamén que o deseño está bastante logrado
Sobre todo comparándoo con outros xogos semellantes
E, como moitos outros, este xogo é de balde
Podería obter puntuación extra por deixar aquí un enlace
Pero como non me parece ético, non o vou facer
Todo sexa por xogar en igualdade de condicións

Ningún comentario:

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...